A actual Xunta Directiva de ASAC foi elixida no ano 2011, e pretende, dende unha perspectiva multidisciplinar, abordar todos os aspectos relacionados cos menores de Altas Capacidades de Galicia: o educativo, o formativo, as familias, a investigación, a difusión e os medios, os aspectos legais, e outros.
O traballo do actual equipo constitúe a continuación doutras xuntas directivas, e procura a canalización dos esforzos e enerxías de moitos socios e socias que aportan ideas, suxestións e traballo, nun labor cooperativo levado a cabo por todos e todas.