O PROXECTO "STARRY NIGHT"
IES MELIDE (www.starrynightmelide.com)
EN QUE CONSISTE:
O proxecto Starry Night adopta unha o formato de revista dixital, pero persegue uns obxectivos pedagóxicos moi concretos. Tras a detección dun pequeno grupo de nenos e nenas de Altas Capacidades, o Departamento de Inglés do IES Melide adopta a decisión de crear unha ferramenta didáctica que dea atención á diversidade nas aulas de 1º de ESO.
Por ese motivo, créase unha plataforma on-line, con diferentes apartados e seccións, nas cales o alumnado se converte en redactores xefes e colaboradores. A presencia nas aulas do Proxecto Abalar, polo que cada alumno ou alumna ten o seu propio portátil e conexión a internet, así como unha pantalla dixital táctil na aula, dálle sentido á metodoloxía empregada nas aulas.

Son varios os ingredientes que fan que STARRYNIGHT sexa unha forma de traballo novidosa:
- O centro de atención é o propio alumnado: en sección como "Our creations", o alumnado pode publicar os seus produtos más persoais (fotografía artística, vídeo, xogos de maxia, debuxos, ...) Algunas páxinas son creadas ex professo para satistacer inquedanzas dos propios alumnos e alumnas.
- Permite o traballo a diferentes velocidades, e con distinto grao de profundización.
- Segue un enfoque multidisciplinar: trátase non dunha revista DE inglés, senón EN inglés. Todos os contidos son benvidos, posto que a única condición é que sexan expresados en inglés. Todo isto fomenta o pensamento asociativo.
- Mestura non só de campos do saber, senón dos medios: textos, fotografía, vídeo, hipervínculos, etc.
- Aínda que integrado na clase de inglés (e por tanto co tratamento dos apectos lingüístico preceptivos), o patrón non é lineal, senón que dá bandazos dun a outro punto de interese, marcado polo alumnado de maneira quincenal.
- Repercusión e publicidade: os textos (e imaxe, e vídeos, ...) que o alumnado produce son lidos por miles de lectores exponenciais: non escriben, así, redaccións, senón literatura; amósanse a eles mesmos.
- Rómpense as barreiras espaciais e temporais da clase de inglés: seguen a producir materiais na casa, as fins de semana, e publícanas a distancia, ou envían producións ao coordinador xeral ( o profesor).
- Traballo en equipo: cada sección ten coordinadores e un pequeno equipo responsable.