Mar Álvarez Silva

767039QUEN SON

Eu son Mar Álvarez Silva, Licenciada en Psicopedagoxía  e mestra de Educación Primaria no CEIP Pintor Laxeiro de Vigo, neste curso en 4º de E.P.

A experiencia que vou presentar a continuación é en resumo “a miña forma de traballar na aula”. 

Aínda que este é o meu método natural de dar clase dende os primeiros momentos da miña carreira, teño que recoñecer que nestes dous cursos, todo mellorou moito grazas entre outras cousas ás posibilidades por exemplo coas novas tecnoloxías. O traballo que veredes a continuación lévase a cabo con moita máis enfase se cabe pola presencia dun neno na aula diagnosticado polo Equipo Específico de Orientación como un neno de Altas Capacidades. No momento do seu diagnóstico, comenzando 3º curso, o Equipo Específico, o Equipo de Orientación e eu mesma decidimos  levar a cabo un enriquecimento horizontal como medida a adoptar para a atención deste neno.Trátase de ir introducindo na programación de aula unha serie de de técnicas metodolóxicas e actividades que complementen a oferta educativa ordinaria e que han de ir enfocados sobre todo ó eido procedimental. Así terán importancia as estratexias de búsqueda de información; as estratexias autoorganizativas: establecemento de prioridades, organización dos recursos; estratexias inventivas e creativas; estratexias analíticas; estrat6682554exias para a toma de decisións

  • Actividades para o desenvolvemento social e afectivo. A aprendizaxe cooperativa constitúe un contido actitudinal que favorece a integración social, mellora as relacións cos compañeiros e  acelera a aprendizaxe dos alumnos/as favorecendo operacións mentais de orde superior Neste sentido, a xestión que fagamos da aula vai incidir directamente na actitude e disposición para aprender. A asignación de roles nos grupos de referencia tamén pode contribuír a desenvolver o sentido de responsabilidade, compromiso  e implicación no traballo escolar. Entre outros traballos, o representante destas actividades é a nosa mascota, que é coidada a diario e os fins de semana polos/as alumnos/as da clase.
  • Actividades de libre elección , é conveniente que os/as alumnos/as poidan elixir entre varias actividades que respondan os seus particulares intereses. Esto pódese planificar para os que rematan antes e incluso pódense establecer momentos ou días durante a semana, de xeito que sexa algo habitual na dinámica da clase. Nestes punto desenvolvemos proxectos de investigación por períodos de tempo máis longo: unha quincena, un mes e con temas variados: etnografía, sociolingüística, alimentación e consumo, arquitectura popular, botánica, ecoloxía… Para esto, utilizamos os distintos rincóns entre os que destacan a Biblioteca de Aula, A caixa máxica, o rincón XEIDE….
  • Utilización das novas tecnoloxías da información e da comunicaciónO ordenador é utilizado como un instrumento cognitivo que axude ó alumno a aprender. A utilización das TICs favorecer o pensamento reflexivo dos rapaces e rapazas, permitindo unha mellora na planificación de tarefas, controlando os resultados da aprendizaxe, dándolle a posibilidade de evocar o que xa saben, creando coñecementos novos e modificando os vellos, aprendendo dos erros, … en definitiva, permiten tomar decisións respecto á cadea de construción do seu propio coñecemento facendo máis eficaz o devandito proceso, potenciando a competencia de aprender a aprender. Para esto temos un blog na clase que está ao día sempre onde expoñemos todos os nosos traballos e acontecimentos da aula.

A modo de exemplo, diremos que se fomentan  actividades que implican: – Buscar e seleccionar información, a través de internet, buscadores, axentes intelixentes,… – Organizar a información, por medio de bases de datos, análise de dominios e historias – Elaborar a información, con redes conceptuais, diagramas, esquemas, … – Aplicar e comunicar o coñecemento, a traves do noso propio  blogue. Todos estos puntos que non deixan de ser a teoría son os que a modo de presentación e resumo veredes a continuación que son utilizados na miña aula cada día de cada mes de cada trimestre dende que comeza o curso ata que remata. Quero destacar que é unha experiencia que funciona ao cento por cento, a motivación dos alumnos e alumnas é moi alta e aínda que a simple vista pareza unha forma de traballo un tanto caótica ou chea de milleiros de cousas que parece imposible levalas a cabo ao longo dun curso ou incluso dunha mañá, si é posible, nós o facemos e resulta moi enriquecedor e moi interesante de facer. Só diría para empezar a traballar deste modo que o primeiro paso e pode que o máis importante é que os nenos e nenas traballen en grupo e levando a cabo un aprendizaxe cooperativo. Sen máis, pasamos a ver a presentación do traballo esperando que sexa do voso agrado.


PRESENTACIÓN: 

“MÁIS ALÁ DOS LIBROS DE TEXTO” 

Mar Álvarez Silva

Video “Hora de lectura”

Video “Resumo do traballo diario”

O noso blog

5405436Fotografías