As AAC nos medios

Dende ASAC consideramos que a difusión do noso traballo, e o de outros, é fundamental para facerpedagoxía da sociedade. Contamos cun sistema educativo que regula as medidas de atención á diversidade para o alumnado de AACC e para outros moitos. Pero a realidade cotiá amósanos que falta moito camiño por andar ata chegar a unha aplicación real e efectiva de metodoloxías educativas que fagan un efecto real nunhas persoas que o necesitan para o seu armónico desenvolvemento en todos os planos.

   Por ese motivo o espallamento da información, a pedagoxía social, así como a eliminación de mitos e estereotipos (que ás veces suñoñen verdadeiras barreiras) é fundamental na nosa asociación.

   Consulte neste apartado notas de prensaentrevistas radiofónicas e televisivas, e todo tipo de noticias na internet, relacionadas coas Altas Capacidades.

Prensa
Radio
Televisión