A “Aula intelixente”

Partindo da concepción dos espazos como axentes educadores, as aulas intelixentes son clases concibidas para lograr un estímulo constante, diverso e individualizado ao alumnado. Os recunchos temáticos, con información e materiais de diferentes disciplinas, son un aliciente para que cada neno ou nena poida ampliar, prolongar os coñecementos e, sobre todo adaptar a aprendizaxe ao seu propio ritmo. Eses pequenos microespazos dentro do gran espazo da aula común proporcionan aos rapaces e rapazas a posibilidade de satisfacer intereses propios, e de chegar ata onde as súas posibilidades lle permiten. Se a isto engadimos as novas tecnoloxías, co uso de materiais multimedia neses recunchos, as posibilidades multiplícanse. Mentres o grupo está a realizar unha tarefa, o alumnado que traballe máis rápido e remate antes, pode acudir a todos ese recursos complementarios para proseguir coa investigación ou, simplemente, cambiar de materia e así seguir aprendendo. Esta metodoloxía permite, así mesmo, que cada neno poida progresar ao seu ritmo particular.

Un exemplo práctico: 

O CEIP A MAGDALENA DE AS PONTES

(na sección EXPERIENCIAS DOCENTES)

996290

Para saber máis acerca das “Aulas inetlixentes”

El Aula Ainteligente ¿hacia Un Nuevo Paradigma Educativo

Aulas inteligentes. Antonia Lozano Díaz. Universidad de Almería

Programa REDES (RTVE)”Educación creativa: aulas inteligentes”


Educacion creativa: Aulas inteligentes por raulespert

OS OBRADOIROS DE ENRIQUECEMENTO: QUE SON?

Os programas de enriquecemento supoñen para os nenos e nenas de altas capacidades unha oportunidade de ir máis alá, de afondar nos contidos e interconectar coñecementos. Os obradoiros de enriquecemento estanse a levar a cabo en diversos centros educativos, para que profesorado e alumnado traballen dunha maneira diferente, na que prima esencialmente a creatividade, a investigación e a diversidade de enfoques e aproximacións á materia tratada.

Así, póñense en práctica obradoiros de matemática creativa, de astronomía, de música, de artes plásticas, de procura de información coas TIC, e moitos máis. Todos eles se basean no principio de que o alumno é o principal axente no proceso de ensino-aprendizaxe: guiado polo docente, constrúe o seu propio coñecemento, indagando, investigando, atopando respostas por si mesmo e plantexando novas preguntas sempre.

Na maioría dos casos, estes obradoiros organízanse nos centros de ensino en horario lectivo (unha ou dúas horas semanais), de tal xeito que o alumnado deixa algunha clase (na que non amosa dificultades) para asistir a estas sesións. Hai que ter en conta que un alumno ou alumna de AACC posúe un pensamento diverxente, o cal implica que é capaz de dar respostas diversas ás preguntas e os problemas. Os obradoiros supoñen unha maneira alternativa de aprender o mesmo, partindo da base de que sempre hai máis dunha posibilidade de resposta e de procura da información.

EXEMPLOS DE CENTROS DE ENSINO QUE LEVAN A CABO PROGRAMAS OU OBRADOIROS DE ENRIQUECEMENTO E OUTRAS EXPERIENCIAS SIMILARES:

COMUNIDADE VALENCIÁ:

CENTROS EDUCATIVOS (facer click en cada un deles para ver o seu programa completo):

 CEIP Luis Vives / CEIP Fabián y Fuero / CEIP El Parque / CEIP Profesor Luis Braille / CEIP Escultor Ortells / IES Bahia de Babel / IES Sixto Marco / IES Peset   Aleixandre / IES Camp de Morvedre

MATERIAIS DE XORNADAS DE FORMACIÓN PARA PROFESORADO:

La Investigación Sobre Enseñanza Y Aprendizaje De La Geometría

Didáctica Das Matemáticas

 MURCIA:  

ARTIGO:

Interacciones Permanentes Entre Todos Los Alumnos a través de las adaptaciones curriculares del aula

Seminario: “La Educación de los Alumnos con Altas Capacidades
Universidad Francisco de Vitoria