A necesaria recepción inicial
O primeiro día de comezo de calquer actividade sempre é especial. Por iso en ASAC a recepción de novos pais trátase de forma individualizada.
|
Para calquer dúbida ou aclaración non dubide en contactar con nos (modos de contacto)
|
Recepción de novos pais e nais
Unha vez realizados os contactos preliminares a través dos medios que poñemos á súa disposición (Contacto) serán vostedes convocados a unha reunión que se celebrará na Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago nun dos días de celebración de actividades. O obxectivo da reunión é múltiple: por un lado manter unha reunión persoal para clarexar as dúbidas que puideran ter; por outro coñecer en persona á xente que forma a ASAC; e por último, ver o funcionamento das actividades de enriquecimento que se realizan. É altamente importante aportar o informe acreditativo de condición de altas capacidades para favorecer o labor do equipo técnico.
Documentación de interese
Os documentos que ten a continuación son de interese para os novos pais e nais. Incluimos un documento descriptivo da asociación e as actividades que se realizan no trimestre, así como o formulario de solicitude de ingreso na asociación.
As datas e horarios das actividades así como os importes das cuotas pode consultalas no noso portal na área de actividades.
As datas e horarios das actividades así como os importes das cuotas pode consultalas no noso portal na área de actividades.
|
| ||||||||||||
