Novos contidos na sección Rapaces 22/02/2012
A sección rapaces dispón de novos contidos interesantes, a rede social de matemáticas Sangakoo e a feria da ciencia google 2012. Máis información na sección rapaces. Actualización do número de conta 22/02/2012
Por mor dos cambios a que está sometida a antiga Caixa Galicia a nosa conta sufriu alteracións no seu código pasando a ser o seguinte: 2080-0329-35-304-0003236 Vimos de actualizar a sección información/formación con novos documentos en PDF que estimamos poden ser do voso interese. A meirande parte de eles surxen da estreita colaboración diaria coas asociacións membros de Confines. Algunhas son específicas de Galicia máis non todas, en todo caso todos os docs son válidos para os nosos nenos. Máis información na sección Información/Formación (documentos informativos) Asamblea Xeral Ordinaria, 10/03/2012 22/02/2012
De conformidade co previsto nos artigos 16 e 21 dos estatutos da asociación de Altas Capacidades de Galicia (ASAC), a presidenta procede a convocar a todas as persoas socias á asamblea xeral ordinaria, a cal se celebrará o día 10 de marzo de 2012 na facultade de psicoloxía da USC, ás 10:30h en primeira convocatoria e ás 11:00 en segunda convocatoria, e rematará as 13:00h, coa seguinte orde do día:
Santiago de Compostela, 18/02/2012 Consellería de Educación, Contratos Programa 17/02/2012
En la RESOLUCIÓN de 26 de mayo de 2011, de la Dirección General de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, se regulan, con carácter experimental, los contratos-programa y se establecen las bases para la convocatoria y selección de programas dirigidos a la mejora del éxito escolar en los centros docentes de educación primaria y secundaria dependientes de la Consellería de Educación y Ordenación Universitaria. En el marco de la Conferencia Sectorial de Educación, el ministerio y las comunidades autónomas acordaron la firma de convenios bilaterales para el desarrollo de programas educativos de cooperación territorial. Dentro de las actuaciones previstas en estos convenios figuran, entre otras, los programas de refuerzo, orientación y apoyo, los dirigidos al incremento del éxito escolar y aquellos que intentan disminuir las bolsas de abandono temprano de la escolarización. Tedes toda a información na sección Lexislación. A consellería de educación articulou unha nova web para atención á diversidade, área na que engloban ó noso colectivo. Na sección Lexislación tedes o enlace para acceder á información que ofrece. Acume didáctica 15/02/2012
Dende Acume nos remiten esta proposta que pode ser do voso interese: Amigas e amigos, Despois do éxito do obradoiro de fotografía estenopeica que fixemos en nadal e do interese mostrado por algunhas persoas que non puideron asistir, decidimos continuar coa proposta. Nesta ocasión, propoñemos un plan flexible en datas para que poidades elixir. É un obradoiro dunha duración de seis horas, tres un sábado e tres un domingo. Custa 50 €, que pagas en acume no momento de formalizar a matrícula e non tes que traer materiais, xa que están incluidos no prezo. Escolles a fin de semana que prefiras de febreiro, marzo e abril. Así que, hai obradoiros os sábados e domingos, sempre e cando pechemos o grupo cun mínimo de tres persoas e un máximo de cinco. Como fas? Chamas por teléfono a acume, no peor dos casos falarás con María ou Clara, e reservas praza na fin de semana que mellor te conveña, podes gardar sitio nunha ou varias datas, e cando pechemos grupo nos días que ti podes, chamámoste coa boa noticia. A fin de semana que teñas o obradoiro será de 11.00 a 14.00 (sábado e domingo), e o curso é en acume, aínda que tamén sairedes ao castro ou arredores a facer fotos. E por último, recomendamos o curso a persoas maiores de 14 anos. Calquera dúbida chámanos, escríbenos ou pásate por acume. Reserva axiña a túa data! unha forte aperta de María e Clara. Neste número: Obradoiro de fotografía estenopeica Datas con grupo aberto Obradoiros de fotografía estenopeica Escolle unha fin de semana de febreiro, marzo ou abril Duración 6 horas de 11.00 a 14.00 horas recomendado a partir de 14 anos Gustaríache tomar fotos cunha cámara feita por ti, a partir dunha caixa de cartón ou dunha lata de sardiñas? A fotografía estenopeica é unha técnica que permite obter imaxes case sen equipo. Con materiais reciclados construirás a túa propia cámara. Calcularás a exposición, tomarás fotos e as revelarás no laboratorio. Neste curso aprenderás, de xeito lúdico e práctico, os fundamentos básicos da fotografía: A cámara escura (meterémonos dentro dunha!) O funcionamento dos materiais fotosensibles, a partir da realización de fotogramas. Os factores que interveñen na toma dunha fotografía, e como calculalos. O proceso de revelado e positivado na fotografía química. Prezo: Curso completo 50 € (materiais incluidos) A día de hoxe hai grupos abertos nas seguintes datas: 18 e 19 de febreiro 25 e 26 de febreiro 3 e 4 de marzo Tal vez coñezas a persoas interesadas e queiras compartir e difundir, gracias! Rúa E. Blein Budiño, 1, of. 4 e 5 36203 Vigo 986 07 88 99 | 677 75 72 57 acume.es info@acume.es This is your new blog post. Click here and start typing, or drag in elements from the top bar. Libros Howard Gardner 26/01/2012
Este sábado esperamos ter xa os libros de Howard Gardner que foron encargados a través fundación Avanza. O pedido está a piques de chegar, así que se todo vai ben o sábado a partir das 12:00 podemos recollelos na facultade de psicoloxía, o contacto será a tesoreira. Cobro de Recibos 26/01/2012
O vindeiro sábado a partir das 12:00 na facultade de psicoloxía, a tesorera estará disponible para efectuar os cobros. Recepción de novos pais 16/01/2012
O vindeiro día 4/02/2012 celebrarase a reunión adicada ós novos pais que queran achegarse a ASAC. Máis información na sección de Recepción de novos pais. | ASAC
Asociación de Altas Capacidades de Galicia ArquivosFebrero 2012 CategoríasAll |









RSS Feed