"MARCOS E LUCÍA SON SUPERDOTADOS"
Documento elaborado por especialistas da Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago, no que se aborda o tema das altas capacidades dun neno e unha nena, dende a perspectiva das familias, dos centros educativos, e dende a propia visión dos rapaces.
Pódese descargar en formato PDF, facendo click na imaxe superior. | SPRITV-EUSKADI
|
"TEÑO UN FILLO/A DE ALTAS CAPACIDADES. COMO DEBO ACTUAR?"
O medio familiar pode contribuír enormemente ao desenvolvemento das
capacidades do neno ou nena ao axudarlle mediante a estimulación que a
propia familia proporciona aproveitando os recursos que a comunidade ofrece e
colaborando estreitamente co centro educativo ao que asista o alumnado.
Para isto é conveniente ter en conta as seguintes reflexións que, como froito da
experiencia educativa, fan a maioría dos estudosos deste campo:
- Un neno/a con altas capacidades debe ser ser ante todo un neno, de tal
xeito que se lle ha de procurar un ambiente estimulante pero sen
agonialo, todo iso nun contexto de seguridade persoal e emocional.
- Un contorno familiar conflitivo repercute negativamente na
concentración, na motivación e no rendemento do alumno/a.
- Deberase respectar a súa personalidade, aceptándoo tal como é na
realidade, cos seus aspectos positivos e negativos, procurando que se
sinta querido. Ter un fillo/a con altas capacidades non é ningunha
enfermidade ou desgraza.
- Animalo/a a que manteña a súa propia autoestima pero sen sobreeloxios.
Non convén “colgarlle” a etiqueta de excepcional. Máis ca o nome
interesan os seus comportamentos e feitos.
- Calquera actividade cotiá realizada na casa ou fóra dela pode ser fonte
de estímulo para o neno/a.
- As enciclopedias, libros, xogos de diverso tipo, instrumentos e audicións
musicais, deportes... son estímulos que permiten a expansión de
intereses coa conseguinte mellora de capacidades.
- Motivalo, pero sen agonialo. Evitar o exceso de actividades
extraescolares.
- Aproveitar os recursos que a comunidade ofrece: museos, parques,
conservatorios de música, acuarios, teatro, concertos, exposicións etc.
- As visitas ou viaxes fóra do circuíto cotián son susceptibles de
aproveitamento para aprender sobre a planificación de rotas e sitios a
visitar.
- Tentar responder as preguntas e as dúbidas dentro dun clima de
liberdade e naturalidade. Hai que ter en conta que é posible un
desfasamento entre o desenvolvemento cognitivo e emocional, co que
algunhas preguntas poden resultar “infantís”. O clima de diálogo e
confianza é fundamental.
- É importante respectar o seu traballo e non interrompelo cando está
concentrado en algo que o apaixona, sempre e cando isto non supoña un
abandono doutras responsabilidades ou quebranto das normas de
convivencia familiar.
- Interesa fomentar hábitos de orde: o seu cuarto, xoguetes, libros etc. Os
pais deben ser coherentes con ese espírito de orde.
- A sistematización do traballo diario, a continuidade, a capacidade de
esforzo, a distribución horaria do seu tempo, o establecemento de
prioridades, a actitude positiva e a comunicación co seu contorno
próximo, a humildade para aprender son factores que poden contribuír
ao seu éxito escolar e persoal
- Coidar que non salte duns temas a outros por capricho, sen afondar
abondo.
- Controlar o excesivo perfeccionismo e a autocrítica. Axudarlle a
programar actividades acordes coa realidade.
- Non pretender que vai ser excelente en todo
- Convén que dispoña de tempo e lugar axeitado para o estudo que debe
exercer diariamente.
- Debe facilitárselle a forma autónoma de traballar. Poucas axudas. As
orientacións deben ir enfocadas a materiais de consulta, bibliotecas etc.
Nunca facerlle as tarefas. Si axudarlle a planificalas xunto cos seus
deberes, obrigas e proxectos na casa e na comunidade.
- A súa propia autorregulación, en oposición a un excesivo directivismo dos
adultos, será unha meta que cumprirá conseguir.
- É moi importante para a súa autoestima eloxialo polos logros e a
perseveranza, tendo sempre en conta a “fina” fronteira entre animar e
agoniar.
- Deben evitarse as comparanzas con irmáns ou amigos. Non hai
privilexios. A disciplina debe ensinarse igual ca aos demais.
- Colaborar co centro educativo estreitamente. En caso de desacordo coa
filosofía do profesorado, non convén compartir a perspectiva co neno,
pois isto podería converterse nunha perfecta desculpa para non facer o
que o profesor lle pida. En caso necesario, é conveniente recorrer ao
profesor/a titor/a, ao orientador/a ou ao director/a do colexio para
expoñerlle os motivos das súas inquedanzas.
- Aproveitar as posibles actividades extraescolares que o centro planifica.
(Texto extraído do documento "Sobredotación intelectual", dos Equipos de Orientación Específica da Xunta de Galicia)

ENTREVISTA A DAVID OTERO NO PROGRAMA "PREESCOLAR NA CASA" (RTVG)
Nesta interesante entrevista a DAVID Otero, mestre, escritor e axitador cultural, fainos unha panorámica dos nenos e nenas de altas capacidades: os faltos mitos, as carencias do sistema educativo, as familias, e moito máis.
Máis información de David Otero AQUÍ. |
PARA AMPLIAR INFORMACIÓN:
- Recomendaciones generales para las familias
- "¿Es mi hijo superdotado?"
- Algunas normas para educar a tus niños gifted (de altas capacidades)
- Alumnado de AACC - País Vasco
- Comportamientos parentales en familias con superdotados
- Desmotivacion academica alumno superdotado USC
- Intervencion familias superdotados
CONTACTE CONNOSCO
Se vostede sospeita que ten un fillo ou filla de altas capacidades, ou ben xa deu o paso do diagnóstico, non dubide en poñerse en contacto con ASAC. Poderemos informalo de todo canto sexa posible, e coñecerá moitos casos similares doutras familias. Ademais, contamos co asesoramento a familias de especialistas da Universidade de Santiago, así como de actividades dirixidas aos rapaces e rapazas. Consulte os nosos datos na sección de CONTACTO. |