Recepción de pais novos

 

descarga

 

A necesaria recepción inicial

O primeiro día de comezo de calquer actividade sempre é especial. Por iso en ASAC a recepción de novos pais trátase de forma individualizada.

 

Recepción de novos pais e nais

Unha vez realizados os contactos preliminares a través dos medios que poñemos á súa disposición (Contacto) serán vostedes convocados a unha reunión que se celebrará na Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago nun dos días de  celebración de actividades. O obxectivo da reunión é múltiple: por un lado manter unha reunión persoal para clarexar as dúbidas que puideran ter; por outro coñecer en persona á xente que forma a ASAC; e por último, ver o funcionamento das actividades de enriquecimento que se realizan. É altamente importante aportar o informe acreditativo de condición de altas capacidades para favorecer o labor do equipo técnico. 
A reunión é  solo para os páis/nais/tutores legáis dos nenos e nenas.
É recomendable que os nenos e nenas non asistan a esta reunión

Documentación a traer cumprida.

Os novos pais deben de traer cumprida a seginte documentación:

  • Folla de solicitude de admisión (descargar o pdf).
  • Folla de cesión de imaxe asinada tanto pola nai e pai (descargar o pdf).
  • Copia do informe no que conste que o seu fillo foi valorado como de altas capacidades, requisito imprescindible para formar parte de asociación. Este informe pode estar realizado por un gabinete privado, orientadoor do colexio ou ben outra persona ou organismo competente para iso. En todo caso, o equipo técnico revisarao e determinara asúa validez