Portada: presentación da ASAC  

 

Novas sobre actividades

>> Instrucións viaxe a Cantabria dos días 18-20 de xuño.

>> O8 de maio ás 11 h. haberá un taller para nenas/os e pais o grupo de precoces. Neste .pdf a información que manda o monitor.

>> Saída de fin de curso a Cantabria, días 18, 19 e 20 de xuño. Visitas a Cabárceno e covas de El Soplao, e estancia no albergue "Max". Prezos: pensión completa 60 €; autobús (para quen non vaia pola súa conta) pendente contratar. Último día para anotarse: sábado 24 de abril.

>> Convocatoria e bases do PREMIO ALTA CAPACIDADE GALEGA 2010. Ver tamén información da edición de 2009.

>> Datas para o trimestre abril-xuño 2010 das actividades de enriquecemento en Santiago:

DATAS:
- 10 e 24 de abril
- 8 e 22 de maio
- 5 e 19 de xuño

GRUPOS / ACTIVIDADES:
- A: Cómic / teatro
- B: Taller arte rupestre
- C: Teatro / Informática
- D: Informática / Cómic

(A maiores hai un grupo xa formado que irán ao CGAC)

>> Información sobre campamentos de inglés para este verán (proporcionada por "El Kirico" e "AEST"). Ver documento en .pdf.

>> Información sobre BECAS E AXUDAS para cursos de inglés:

No BOE número 51 do 27 de febreiro de 2010 publícanse as Ordes do Ministerio de Educación do 15 de febreiro de 2010 polas que se convocan axudas para cursos de lingua inglesa durante o verán do 2010. Son a orde EDU/426/2010, destinada a alumnado de entre 16 e 30 anos, a Orde EDU/422/2010, para alumnado de estudos universitarios e de ensinanzas artísticas superiores, e a Orde EDU/425/2010, destinada a mestres e estudantes das ensinanzas conducentes á obtención do título de Mestre.

>> Datas para o trimestre que ven (primeiro de 2010, segundo deste curso) das actividades de enriquecemento en Santiago:

DATAS:
- 16 e 30 de xaneiro
- 13 e 27 de febreiro
- 6 e 20 de marzo

GRUPOS / ACTIVIDADES:
- B: Cómic / Hist. Natural
- C: Astronomía / Informática
- D: Informática / Astronomía

Escola de pais:
- Cambio: do 30 de xaneiro inicialmente anunciado pasa ao 13 de febreiro.
- 27 febreiro
- 20 marzo

>> A Actividade de visita ao "Museo do Mar de Galicia" en Vigo, realizarase finalmente o 30 de xaneiro ás 17 horas. Os adultos pagan 1,50 € e para os nenos é gratis. Elaces a mapa zona e accesos e a detalle de situación.

>> Cambio de data da "escola de pais": será o día 12 /12 desde as 12 horas, non o 19 como estaba anunciado no ".pdf actividades outubro"


>> 19/12/09: Actividade no Observatorio Astronómico de Santiago. O sábado 19 de decembro, de 20 a 22 horas. Estaremos pendentes da climatoloxía por se hai que cambiar a data. En calquera caso hai que apuntarse previamente para reservar praza (calquera sábado dos que hai actividades ou por correo electrónico).


>>
14/09/09: actividades e calendario do programa de enriquecemento para o trimestre Outubro-Novembro-Decembro de 2009.



>>
Setembro/09: Toda a información sobre o PREMIO ALTA CAPACIDADE GALEGA 2009.


>
> 09/06/09: información sobre a viaxe de fin de curso ó Xurés. Enlace de Google Maps coa ubicación do lugar, enlace da páxina do Concello de Muiños sobre o "Complexo Turístico O Corgo", onde estaremos, e dous documentos en .pdf para imprimir quen queira, un co programa da viaxe e outro con dous mapas.


>>
14/05/09: información sobre a viaxe ás Illas Cíes do 30-31 de maio, e instrucións para o pagamento dos gastos incluídos (ver texto en .pdf).


>>
04/05/09 Novas informacións sobre actividades:
-Grupo A: o próximo 9 de maio teñen unha
visita a Santiago co CSIC (ver neste .pdf progama, mapas etc.) A saída é e ás 10:30 do Obradoiro (non da Praza de San Roque, como di no .pdf) é rógase puntualidade.
-Proposta de programa do obradoiro de atención precoz.


>>
Novas actividades para este trimestre (abril-maio xuño):
Charlas sobre a Base Científica Española na Antártida (un pai acaba de regresar da Antártida, despois de participar na expedición científica da base española, e vai darlles unha charla ós nenos e nenas contando a experiencia), e continuan Historia Natural, os Obradoiros de Arqueloxía e de Escrita Creativa (desta vez cos escritores Estíbaliz Espinosa, Anxo Angueira e Carlos Labraña), Fotografía Dixital... (consultar calendario e horario detallado neste .pdf).


>> Viaxe ás Illas Cies
o 30 e 31 de maio de 2009 (máis información e contacto para apuntarse)


>>
Estancia na Univ. de St. Andrews, en Escocia, para os nenos/as e os pais que os queiran acompañar. Agosto de 2009, saída o sábado 1 e volta o sábado 15.
- Información sobre prezos, viaxe etc.
- Información sobre o lugar, as clases, actividades etc.


>> 17/01/09: EXCURSIÓN e ACTIVIDAE DIDÁCTICA NA LAGOA DA FROUXEIRA:
visita, en colaboración coa Sociedade Galega de Historia Natural, pola mañá á Lagoa da Froxeira, na praia da Frouxeira, en Valdoviño (preto de Ferrol) e pola tarde unha Visita ó Museo da Sociedade Galega de Historia Natural en Ferrol. Hora de chegada a Valdoviño: 10,30 horas
Infromación sobre a Lagoa da Frouxeira nesta páxina do concello de Valdoviño, ou nesta outra. Aquí hai información de como chegar, pero recoméndovos abrir e imprimir este documento en .pdf con todos os mapas.


>>
Programa de enriquecemento (Facultade de Pscoloxía, Santiago de Compostela). Novas actividades para o 1º trimestre de 2009:
-Escrita Creativa, organizada en colaboración coa AELG, participarán os escritores Carlos Labraña e David Otero.
-CSIC, actividade con monitores de arqueoloxía do CSIC.
Calendario e horarios das actividaes de enriquecemento.

 

O proxecto da ASAC
Máis información sobre sobredotación e altas capacidades
Novas e taboleiro de anuncios
Espazos dos rapaces