Onde o Talento se converte en Emoción

ALTAS CAPACIDADES... SENSIBILIDADE E VISIBILIDADE

ASAC GALICIA

Creada no ano 1995 e con sede en Santiago de Compostela, a Asociación de Altas Capacidades de Galicia (ASAC Galicia) é unha asociación sen ánimo de lucro formada e dirixida polas familias de nenos e nenas con altas capacidades.

ASAC Galicia colabora estreitamente coa Unidade de Atención Educativa en Altas Capacidades da Universidade de Santiago de Compostela para o establecemento dun marco de actuación en actividades de investigación e estudo das Altas Capacidades na Comunidade Autónoma de Galicia. Conxuntamente participan en proxectos de innovación e mellora das actuacións psicoeducativas con rapaces e rapazas con altas capacidades e no deseño de actividades e programas educativos para o desenvolvemento integral do colectivo.

DATAS PRIMEIRO CUADRIMESTRE

RONSEL DO CAMPUS 2023-2024

   21 de outubro de 2023 (ONLINE)
   04 de novembro de 2023 (ONLINE)
   18 de novembro de 2023 (PRESENCIAL)
   02 de decembro de 2023 (ONLINE)
   16 de decembro de 2023 (PRESENCIAL)
   13 de xaneiro de 2024 (PRESENCIAL)
   27 de xaneiro de 2024 (ONLINE)
   03 de febreiro de 2024 (PRESENCIAL)
   17 de febreiro de 2024 (ONLINE)

DATAS SEGUNDO CUADRIMESTRE

RONSEL DO CAMPUS 2023-2024

   02 de marzo de 2024 (PRESENCIAL DOBRE)
   16 de marzo de 2024 (ONLINE)
   06 de abril de 2024 (PRESENCIAL)
   20 de abril de 2024 (ONLINE)
   04 de maio de 2024 (PRESENCIAL)
   25 de maio de 2024 (ONLINE)
   01 de xuño de 2024 (PRESENCIAL)
   15 de xuño de 2024 (ONLINE)