Acume didáctica 15/02/2012
Dende Acume nos remiten esta proposta que pode ser do voso interese: Amigas e amigos, Despois do éxito do obradoiro de fotografía estenopeica que fixemos en nadal e do interese mostrado por algunhas persoas que non puideron asistir, decidimos continuar coa proposta. Nesta ocasión, propoñemos un plan flexible en datas para que poidades elixir. É un obradoiro dunha duración de seis horas, tres un sábado e tres un domingo. Custa 50 €, que pagas en acume no momento de formalizar a matrícula e non tes que traer materiais, xa que están incluidos no prezo. Escolles a fin de semana que prefiras de febreiro, marzo e abril. Así que, hai obradoiros os sábados e domingos, sempre e cando pechemos o grupo cun mínimo de tres persoas e un máximo de cinco. Como fas? Chamas por teléfono a acume, no peor dos casos falarás con María ou Clara, e reservas praza na fin de semana que mellor te conveña, podes gardar sitio nunha ou varias datas, e cando pechemos grupo nos días que ti podes, chamámoste coa boa noticia. A fin de semana que teñas o obradoiro será de 11.00 a 14.00 (sábado e domingo), e o curso é en acume, aínda que tamén sairedes ao castro ou arredores a facer fotos. E por último, recomendamos o curso a persoas maiores de 14 anos. Calquera dúbida chámanos, escríbenos ou pásate por acume. Reserva axiña a túa data! unha forte aperta de María e Clara. Neste número: Obradoiro de fotografía estenopeica Datas con grupo aberto Obradoiros de fotografía estenopeica Escolle unha fin de semana de febreiro, marzo ou abril Duración 6 horas de 11.00 a 14.00 horas recomendado a partir de 14 anos Gustaríache tomar fotos cunha cámara feita por ti, a partir dunha caixa de cartón ou dunha lata de sardiñas? A fotografía estenopeica é unha técnica que permite obter imaxes case sen equipo. Con materiais reciclados construirás a túa propia cámara. Calcularás a exposición, tomarás fotos e as revelarás no laboratorio. Neste curso aprenderás, de xeito lúdico e práctico, os fundamentos básicos da fotografía: A cámara escura (meterémonos dentro dunha!) O funcionamento dos materiais fotosensibles, a partir da realización de fotogramas. Os factores que interveñen na toma dunha fotografía, e como calculalos. O proceso de revelado e positivado na fotografía química. Prezo: Curso completo 50 € (materiais incluidos) A día de hoxe hai grupos abertos nas seguintes datas: 18 e 19 de febreiro 25 e 26 de febreiro 3 e 4 de marzo Tal vez coñezas a persoas interesadas e queiras compartir e difundir, gracias! Rúa E. Blein Budiño, 1, of. 4 e 5 36203 Vigo 986 07 88 99 | 677 75 72 57 acume.es info@acume.es Podedes ver mais información no seguinte vídeo:http://blog.acumeformacion.com/post/18797685188/video-explicativo-obradoiros-de-fotografia Comments Comments are closed. |

RSS Feed