Menu:

 
A consellería de educación convoca as segundas xornadas de formación sobre a atención ao alumnado de altas capacidades, as xornadas están dirixidas ó profesorado. Máis información en FPROFE,  no portal educativo da Xunta.

Área :Orientación
Forma de participación:Presencial
Modalidade: Xornadas
Referencia: X1102005
Centro de formación e recursos: Servizos Centrais
Temporalización:  2º trimestre, Curso académico 2011/2012
Data límite de inscrición: 20/12/2011
Lugar: Santiago de Compostela
Prazas:  200 
Horas presenciais: 8Horas non presenciais: 0 
Horas totais:  8
Destinatarios:Todas as ensinanzas

Corpos e especialidades
590 - Profesores de ensino secundario
597 - Mestres

Temas e subtemas
Plan anual - 2011-2012

Criterios de selección
Preferentemente destinadas ás persoas relacionadas coa atención ao alumnado diagnosticado con altas capacidades e ás respectivas especialidades dos equipos de orientación específicos. Os criterios xerais do plan anual de formación.

Obxectivos
1.Sensibilizar ao profesorado sobre as necesidades de atención que require o alumnado de altas capacidades.

2.Actualizar información e intercambiar experiencias sobre o tratamento das altas capacidades.

3.Unificar estratexias de diagnóstico e intervención educativa para as altas capacidades dentro dunha escola inclusiva.

Contidos
1.As altas capacidades. Unha expresión da diversidade existente nas aulas.

2.O diagnóstico e as medidas a adoptar co alumnado de altas capacidades.

3.As medidas de enriquecemento curricular e a flexibilización no axuste da intervención co alumnado con altas capacidades.

 
 
Picture
Por primeira vez, a Consellería de Educación organiza unha xornada de formación para docentes non universitarios arredor do alumnado de AACC. Pódese consultar o programa e as características do curso na web do mesmo  se pinchades na imaxe ou ben no seguinte link : Xornadas