Menu:

 
Picture
   O vindeiro sábado día 21/05 as 11:30 terá lugar a Presentación pública do novo PORTAL DE INTERNET DE ASAC (Asociación de Altas Capacidades de Galicia). O portal ASAC é un instrumento no que conflúen varios obxectivos. Por unha banda, serve de canle de comunicación entre as persoas socias do colectivo, compartindo documentos,informacións útiles e avisos de toda clase. Pero a función primordial é a de actuar como vehículo de información e formación para diferentes sectores da sociedade relacionados co mundo das Altas Capacidades cognitivas. Contaremos coa participación especial de representante/s da Consellería Educación e Ordenación Universitaria Xunta de Galicia, María Solar: Bióloga, xornalista, escritora e presentadora de televisión.  Jorge Mira Pérez: físico, investigador, divulgador científico e colaborador en diferentes medios de comunicación e Carmen Pomar Tojo: profesora de Psicoloxía da USC, integrante da Directiva e asesora técnica de ASAC.

  O acto terá lugar na Sala de conferencias do Centro Social Caixanova Santiago de Compostela situado na praza de Cervantes en Santiago as 11:30 horas (mapa).

  As horas das actividades dos nenos adecuaranse de tal forma que todos os pais podamos asistir o evento. Os nenos do grupo de precoces poderán quedar na aula con as nosas monitoras (Johanna e Vanesa) xa dende as 11 para que os pais/nais que o desexen podan asistir ó acto.

  Os nosos monitores acompañarán ós rapaces durante o descanso dos talleres así como nos cambios de aulas para facilitarnos a asistencia ó evento


Picture

Cómo chegar?
  Na praza de Cervantes non se pode aparcar, adxuntamos mapas de Google Maps con os parkings máis cercanos e a rutas para chegar:

PARKING COLEGIO LA SALLE
  Dende a facultade ate o parking: Enlace a Mapa
  Dende o parking ate a  praza, andando: Enlace a Mapa

PARQUING XOAN XIII
  Dende a facultade ate o parking: Enlace a Mapa
  Dende o parking ate a praza, andando : Enlace a Mapa

PARKING SAN CLEMENTE
  Dende a facultade ate o parking : Enlace a Mapa
  Dende o parking ate a praza, andando: Enlace a Mapa