Menu:

 
Imagen


Finalmente foi celebrado o concurso de elección do logo da confederación Confines co concurso e votación de todas as asociacións membras. Dende aquí felicitar especialmente á nosa participante de ASAC que fixo unhas grandes obras que foron altamente estimadas nas votacións, graciñas.


Adxuntamos a carta remitida de agradecemento emitida onte polo secretario da Confederación e recordarvos que a medida que teñamos algo de tempo actualizaremos a páxina de Confines para que teñades un lugar máis de referencia.

CONFINES, la Confederación Española de Asociaciones de Altas Capacidades Intelectuales, a través del concurso realizado a tal efecto ha elegido el anagrama que a partir de ahora la representará; obra original de la Asociación FANJAC.

Hay que destacar la participación de bastantes artistas que con sus obras han tratado de representar, con gran acierto en todos los casos, el espíritu de esta Confederación.

Tenemos que agradecer a todos los participantes el esfuerzo realizado, porque el nivel lo consideramos bastante elevado, y más teniendo en cuenta la disparidad de edades de los creadores, y no podemos dejar de felicitar absolutamente a todos y todas por sus trabajos.

Desde CONFINES asimismo tenemos que felicitar a los creadores de las cuatro obras que han sido consideradas finalistas:

-  Javier F. T. (ASGRÁN).

-  Irene G. L. (AESAC).

-  Victor F. T. (ASGRÁN).

-  Sara R. B. (FASI).

Y por supuesto para CONFINES es un placer presentar la obra que ha conseguido nuestro primer premio, y que a partir de ahora representará a nuestra entidad (ver imagen superior).Muchas Gracias.

Junta Directiva de CONFINES.



 
 
Picture
Convócase o concurso para o deseño do logotipo da nova confederación a que pertencemos, CONFINES.
Poderán participar todos os nen@s das asociacións pertencentes.
Cada asociación recepcionará os deseños dos seus nen@s e seleccionará 3 de eles que son os que competirán por ser o finalmente elexido.

Os desenhos podedes entregalos ben en papel ou en formato dixital, no primeiro caso podedes entregalos directamente un sábado de actividades a calquer persoa da directiva, no caso de formato electrónico podedes envialo ó seguinte enderezo de mail : actividades@altascapacidades.org

Como sabedes CONFINES é a confederación española de asociacións de altas capacidades da que ASAC é membro fundador. Entre os obxetivos están acadar maior representatividade a nivel estatal e establecer lazos de unión con outras asociacións como a nosa. O logotipo será o símbolo da confederación en todas as súas vertentes, tanto no portal web, que pronto verá a luz, como no resto de comunicacións que podan ser xeradas.

Dende aquí convidámos a todos os nenos a que participen con seus deseños.

 
 
Picture
Este sábado, 29 de outubro de 2011, constituíse en Madrid a Confederación Española de Altas Capacidades Intelectuales, CONFINES, confederación da que ASAC é membro fundador tal e como foi decidido polos seus socios na asamblea extraordinaria celebrada recentemente.

CONFINES está formada inicialmente por 13 asociacións de familias de nenos de altas capacidades, asociacións que estiveron representadas na xuntanza e asinaron a acta fundacional así como os estatutos da confederación. A confederación seguro que seguirá medrando coas novas asociacións que se acheguen multiplicando así a forza que podamos xerar.

As asociación fundadoras son :
 ACTEF, Eivissa y Formentera
 ADOSSE, Sevilla
 AESAC, Madrid
 AESI, Madrid
 APADAC, Asturias
 Areté, Huelva
 ASA, Málaga
 ASAC, Galicia
 ASGRAN, Granada
 FANJAC, Cataluña-Euskadi
 FANS, Canarias
 FASI, Andalucía
 Sin Limites, Aragón

Despois da formación constituíse a primeira xuntanza de elección da xunta directiva e planificación dos traballos a realizar. Tódalas asociacións teñen representación directa na Xunta directiva, conseguindo así ter dispersión xeográfica e implicación de todas as partes. Cabe saliantar a grande forza, tempo prestado e implicación de todas as asociacións nos traballos tanto realizados como os que foron programados.

A xunta directiva actual de CONFINES queda estructurada do seguinte modo:

 Presidencia
 Vicepresidencia
 Secretaria
 Tesorería
 Vogal de Informática
 Vogal de Pedagoxía
 Vogal de boas prácticas extranxeiras
 Vogal de boas prácticas españolas
 Vogal de actividades
 Vogal de medios de comunicación
 Vogal de subvenciones
 Vogal de formación
 Vogal de asesoramento xurídico
 Vogal de relación con outras realidades

O plan de traballos xa está establecido e en marcha por cada unha das seccións, en breve terá os seus froitos.

 
 
O próximo día 15/10/2011, data de actividades en ASAC convócase unha asamblea extraordinaria co fin de determinar a nosa adhesión á Confederación de asociacións de altas capacidades CONFINES.

Confines pretende aglutinar a nivel estatal ás distintas asociacións de pais, nais e persoas de altas capacidades que existen en España co obxetivo de tomar representatividade e forza nos distintos estamentos autonómicos ou estatais e así poder desenrolar accións encamiñadas a fortalecer o noso colectivo.

A adhesión non supón en caso algún perda de autonomía xa que as asociacións continuarán traballando come ate agora coa súa autonomía propia, o que sí teremos será un respaldo moi forte basado na unión do resto de asociacións.

A maiores da forza representativa que acadaremos o feito de ter relación directa e constante con outras asociación do estado producirá importantes beneficios tanto no campo de compartición de experiencias e actividades como nas continuas iniciativas de colaboración que desataranse do contacto directo con outras asociacións afines á nosa.