Menu:

 
Picture
Convócase o concurso para o deseño do logotipo da nova confederación a que pertencemos, CONFINES.
Poderán participar todos os nen@s das asociacións pertencentes.
Cada asociación recepcionará os deseños dos seus nen@s e seleccionará 3 de eles que son os que competirán por ser o finalmente elexido.

Os desenhos podedes entregalos ben en papel ou en formato dixital, no primeiro caso podedes entregalos directamente un sábado de actividades a calquer persoa da directiva, no caso de formato electrónico podedes envialo ó seguinte enderezo de mail : actividades@altascapacidades.org

Como sabedes CONFINES é a confederación española de asociacións de altas capacidades da que ASAC é membro fundador. Entre os obxetivos están acadar maior representatividade a nivel estatal e establecer lazos de unión con outras asociacións como a nosa. O logotipo será o símbolo da confederación en todas as súas vertentes, tanto no portal web, que pronto verá a luz, como no resto de comunicacións que podan ser xeradas.

Dende aquí convidámos a todos os nenos a que participen con seus deseños.