Presentación

ASAC, Asociación de Altas Capacidades de Galicia, é unha asociación sen ánimo de lucro constituída por nais e pais de rapazas e rapaces de altas capacidades ou sobredotación intelectual, co concurso técnico da Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, que ten como obxectivo a mellora no coñecemento e a atención ós nenos de altas capacidades, proporcionarlles actividades de enriquecemento intelectual, influír nas políticas educativas das administracións públicas, e en xeral, todo aquilo que poda redundar no beneficio dos rapaces destas características.

 

 

Apoios e colaboracións:

 

O proxecto da ASAC
Actividades que desenvolvemos
Máis información sobre sobredotación e altas capacidades
Novas e taboleiro de anuncios
Espazos dos rapaces